jueves 24 de abril de 2008

Inaudito

A AVENTURA DE OÍR :· EXPOSICIÓN TEMPORAL

>> Domus
Sala Severo Ochoa
25 abril—14 setembro 2008

Unha exposición realizada baixo os auspicios do Museo Nacional de Ciencia y Tecnología
Producida por:



A Domus acolle unha exposición interactiva e divulgativa para coñecer todos os aspectos do sistema auditivo.


"Inaudito" propón diversas actividades e xogos para descubrir por que oímos, cal é o camiño que percorren as ondas sonoras ata chegar ao cerebro, de que modo entendemos as palabras e o importante que é para a nosa vida social gozar dunha boa audición.

A exposición está organizada en catro ámbitos nos que se agrupan os módulos:

O mundo do son
Vivimos nun mundo onde os sons forman parte da nosa vida, dannos información, ofrécennos pracer, facilítannos a comunicación. Neste espazo preséntanse diversos módulos nos que se propón escoitar e identificar os diferentes sons que nos rodean.

A máquina do oído
O oído preséntase como unha máquina complexa capaz de diferenciar distintas frecuencias e de identificar a distancia e dirección dos sons; en definitiva, unha ferramenta básica para a vida social. Aquí pódese descubrir como funciona.

Túnel do silencio
A máquina do oído ás veces pode estragarse debido a diferentes causas, e entón a persoa non pode oír ben. Do mesmo xeito que a vista, a capacidade auditiva tende a diminuír conforme pasan os anos. Os módulos que contén este ámbito invitan a experimentar que significa non poder oír ben.

Que solucións existen?
Ante a perda de oído existen diferentes solucións que permiten recuperar o mundo dos sons; hai axudas auditivas adecuadas para cada persoa. Expóñense aquí algúns dos instrumentos que melloran a audición.