MARZO—MAIO 2009
:· CICLO DE DIVULGACIÓN
Os Museos Científicos Coruñeses presentan o ciclo de divulgación científica “Os luns con ciencia”. O obxectivo desta iniciativa, patrocinada por Caixanova, é contribuir a incorporar a ciencia á axenda cultural cotián.Os luns na Domus, ás 20:00
A sala Leonardo da Vinci acolle este ciclo de actividades: conferencias, coloquios, presentacións, proxeccións de cine, etc.
Entrada libre e gratuita
Todas as actividades do ciclo son gratis, coa única limitación do aforo da sala: 120 persoas.
A sala Leonardo da Vinci acolle este ciclo de actividades: conferencias, coloquios, presentacións, proxeccións de cine, etc.
Entrada libre e gratuita
Todas as actividades do ciclo son gratis, coa única limitación do aforo da sala: 120 persoas.
Durante os tres meses que durará o ciclo, o público poderá asistir cada luns a actos de diversos formatos e temática; desde conferencias, proxeccións, debates, rematando en maio coa celebración dun seminario dedicado á cultura científica.
Co patrocinio de:

18 maio: «Soylent Green»
Cine en V.O.S.
Domus, 20:00
"Soylent Green" (1973) é unha película de ciencia-ficción sobre superpoboación e o esgotamento dos recursos naturais. Tamén coñecida en España polo título "Cuando el destino nos alcance", está baseada na novela de Harry Harrison "Make Room! Make Room!" (Fagan sitio! Fagan sitio!).Dirección: Richard Fleischer
Guión: Stanley R. Greenberg, adaptación do libro de Harry Harrison
Reparto: Charlton Heston, Leigh Taylor-Young, Edward G. Robinson, Joseph Cotten
Duración: 97 minutos
Argumento: A superpoboación e o quentamento global levan ao mundo a un paro e unha pobreza xeneralizados, e a un esgotamento dos recursos naturais. No ano 2022 en Nova York hai 40 millóns de persoas. Carne, froita e verduras son un luxo; a maioría da poboación sobrevive a base de comida procesada como o novo 'soylent green', que é anunciado como un concentrado de plancton moi enerxético e saboroso.
Presenta a película Xurxo González, historiador da arte. Crítico de audiovisuais na revista Tempos Novos, colaborou con artigos en revistas como Cahiers du Cinéma-España en en xornais como Faro de Vigo. Asesor e analista audiovisual, documentalista e catalogador en arquivos audiovisuais de RTVE en Galicia.
Anteriormente, nos «Luns con ciencia»:
18/5/2009: Club de lectura científica, xuntanza.
11/5/2009: Darwin vs. Lamarck, tertulia científica.
4/5/2009: Homenaxe a Nóvoa Santos, tertulia científica.
27/4/2009: Como a física cambiou o mundo, proxección do documental "El Nuevo Universo".
20/4/2009: Evolución, innovación e resocialización, conferencia de Eudald Carbonell.
13/4/2009: Fórmulas estimulantes. Novos medios para divulgar matemáticas, presentación.
30/3/2009: Luces, cámara... Evolución!, zapping científico.
23/3/2009: A primavera, o sangue altera?, coloquio intercultural.
16/3/2009: Viaxe á Galicia profunda, presentación.
9/3/2009: El gozo intelectual, conferencia de Jorge Wagensberg.




